sábado, 16 de marzo de 2024

Día dos dereitos do consumidor

 O 15 de marzo conmemorouse o día dos dereitos do consumidor e desde o cole fixémolo mediante un obradoiro saudable. Transformámonos en cociñeiros/as por un día, fomos á tenda e creamos unhas brochetas de froitas deliciosas, que despois puidemos degustar.

Falamos dos dereitos que temos como consumidores, da importancia de que o que comemos sexa de tempada, local e dos perigos que teñen moitos alimentos para o noso organismo e a nosa saúde.

Preparamos a froita e puxemos a mesa...


Pero tamén os nosos propios gorrros de cociñeiros e cociñeiras

E despois puxémonos mans á obra!!











No 2º curso de Educación Primaria, estimulamos os nosos sentidos, especialmente o do gusto e do tacto. Traballamos as formas da froita, a posición dos números ao colocalos na brocheta, pero sobre todo probamos moitos tipos de froita!






lunes, 4 de marzo de 2024

Relaxámonos xuntos

A Organización Mundial da Saúde define esta como un estado completo de benestar físico, mental e social. 

Logo dunha sesión de actividade física, empregamos a relaxación coa finalidade de acadar ese benestar mental mencionado con anterioridade.

https://youtu.be/wQbzxD0NnZY 

 

Charla sobre hábitos saudables: un paso cara o benestar

  O pasado venres viñeron compartir connosco valiosos coñecementos sobre a importancia dos hábitos saudables. Durante a charla, os estudante...