domingo, 25 de febrero de 2024

Saúde Mental

En outubro conmemórase o Día da Saúde Mental, por iso, nos corredores do cole tamén deixamos algún conselliño para ler e reflexionar sobre esta parte tan importante da nosa saúde.

                                        

3 de decembro

 Vídeo sobre o 3 de decembro, Día Internacional das persoas con Discapacidade, protagonizado polo alumnado de 4º de Educación Primaria na materia de Educación Física.

25N e Xogos Olímpicos

 Para conmemorar o 25 de Novembro traballamos interdisciplinarmente coas materias de plástica, sociais e lingua galega e castelá. Decidimos traballar a partir do cadro "A liberdade guiando ao pobo" de Delacroix, xa que é a partir deste de onde procede a mascota dos Xogos Olímpicos de París 2024.

E este foi o resultado final:

Xogos populares

 Semana de xogos populares e tradicionais prestados polo concello do Grove. Detrás desta gran colección está Cándido Mascato, autor da boa parte dos 130 xogos que forman a extensa e completa colección do concello meco.

Mestras/es, nenas/os, persoal do centro... todos aproveitamos e gozamos dos xogos volvendo ás nosas raíces e sen esquecer que todas e todos temos dereito a XOGAR!












Aos nenos e nenas de 3 e 4 anos axudáronlles os maiores de 6º, explicándolles os xogos e axudándolles no que necesitasen. Que vos compañeiros/as!





Ioga nas titorías

Descansos ou estiramentos que serven para relaxar ao alumnado, facilitando o descanso do sistema nervioso e permitindo un maior control sobre o mesmo.


sábado, 24 de febrero de 2024

Descansos activos

Os descansos activos teñen como obxectivo activar cognitivamente ao alumnado, mellorar o rendemento académico, patróns atencionais e comportamentos nas tarefas dos escolares, ademais de reducir o sedentarismo, que se vincula coa obesidade e a saúde física.
Aquí vos deixamos un exemplo de descanso activo.

Corredores dinámicos

 Os corredores dinámicos son pequenas cuñas motrices que activan ao alumnado a nivel psicomotor entre clase e clase ou no momento no que hai que cambiar de aula. Unha forma de desinhibirse corporalmente ao realizar unha tarefa psicomotriz. Ademais, é un elemento que axuda a atender á diversidade de aquel alumnado que non é capaz de permanecer tanto tempo sentado.


Premios saudables 1º trimestre

Merendas saudables no recreo para todo o grupo como premio por gañar a Autoestrada de Conmeniño ao longo do trimestre. Neste primeiro trimestre os gañadores foron: en primeiro lugar o alumnado de 4º e 5º (que participan de forma conxunta), en segundo lugar o alumnado de 3 anos e en terceiro lugar, o alumnado de 3º curso! 
En hora boa rapaces! 






 

Froitómetro

 Este é un exemplo do noso Froitómetro, co cal levamos a cabo o reconto da froita semanal entre o alumnado para avanzar na autoestrada de Conmeniño. 


Autoestrada de Conmeniño

Este ano continuamos coa dinámica da Autoestrada de Conmeniño, xa que tendo en conta a Enquisa Nacional de Inxesta Dietética Española (AESAN, 2011), soamente o 37% da poboación inxiere unha peza de froita diaria e o consumo desta entre os xóvenes é menor de 3 pezas ao día. Atendendo a isto, créase esta dinámica para aumentar a motivación intrínseca do alumnado.

En que consiste? A principio de curso, a cada grupo se lle asigna unha froita (por exemplo, a 5 anos o aguacate e a 3º a mazá). Todas as semanas contabilízase o número total de pezas que consumiu todo o grupo (a través do froitómetro) e estos transfórmanse en puntos, cos cales se avanza na Autoestrada de Conmeniño. Os tres primeiros grupos que cheguen, serán os gañadores. 



 

viernes, 23 de febrero de 2024

Caldiño e alimentación saudable

 Hai quen se animou a facer na casa o Caldiño de Gloria, de Rosaía de Castro e nos compartiu o momento.

De seguro que estaba ben rico e con este tempo frío veu moi ben para quentar o corpiño.

Grazas polas vosas achegas! Que ilusión nos fixeron! 💖💖💖
Alba (5ºEI)

Eva (1ºEP)

Xabier (2ºEP)

Rodrigo (4ºEP)

Greta (4ºEP) e Norah (6ºEP)

Valentina (5ºEI)

Moitísimas grazas pola vosa colaboración, familias!
Unha aperta moi grande!

viernes, 9 de febrero de 2024

O alumnado de 6º preparou a coreografía do baile de Entroido, en relación co proxecto do cole, Conmeniño Olímpico! Aquí volo deixo, para que poidades ensaiar moito! 


jueves, 1 de febrero de 2024

Obradoiro de cócteles saudables

 Na aula de 5° de Educación Infantil tivemos a visita de Emma, a mamá de Alba, que nos ensinou a preparar uns deliciosos cócteles saudables de zume e froitas. Estaba riquísimo!!!

Grazas Emma. Pasámolo xenial!











II Marcha pola Paz

 Ola familias, aquí tedes un pequeno resumo da nosa II Marcha Pola Paz. Moitas gracias á toda a comunidade educativa por acompañarnos un ano máis.




 Ao chegar ao centro, o alumnado de 6º leu un manifesto e 4º fixo a canción de Imagine en forma de poema.

SAAAABOR

  O pasado mes, en colaboración co Concello, o alumnado de 3º e 6º acudiu ao auditorio do Grove para gozar da obra "Saaabor", un e...