Este ano continuamos coa dinámica da Autoestrada de Conmeniño, xa que tendo en conta a Enquisa Nacional de Inxesta Dietética Española (AESAN, 2011), soamente o 37% da poboación inxiere unha peza de froita diaria e o consumo desta entre os xóvenes é menor de 3 pezas ao día. Atendendo a isto, créase esta dinámica para aumentar a motivación intrínseca do alumnado.
En que consiste? A principio de curso, a cada grupo se lle asigna unha froita (por exemplo, a
5 anos o aguacate e a 3º a mazá). Todas as semanas contabilízase o número total de pezas
que consumiu todo o grupo (a través do froitómetro) e estos transfórmanse en
puntos, cos cales se avanza na Autoestrada de Conmeniño. Os tres primeiros
grupos que cheguen, serán os gañadores.
No hay comentarios:
Publicar un comentario