jueves, 26 de enero de 2023

Anunciamos a nosa marcha pola non violencia e a paz

O vindeiro luns 30 de xaneiro realizaremos unha marcha pola non violencia e a paz. 

O percorrido será o seguinte: sairemos por Campos e baixaremos ata a Igrexa, logo continuaremos pola avenida de Portugal e subiremos de volta ao cole por Meloxo.

Para esta marcha fixemos un obradoiro de estampación de camisetas (grazas a unha mamá de dous nenos do cole), así que esperamos que veñades a vernos e que vos guste moito!




 

Mateo, Súper Saudable

Déixovos por aquí unha foto de Mateo, o noso primeiro súper saudable. 
Parabéns por completar o Fruitómetro!




 

Xogade- Campo a través

O pasado 11 de xaneiro asistimos a unha xornada de Xogade na que participabamos en campo a través. 
Pasámolo moi ben e sobre todo animámonos moito os uns aos outros


https://youtu.be/Jny0jtt6uLY

 

lunes, 23 de enero de 2023

Coreografía Entroido 2023


A actividade física está presente no noso día de maneira interdisciplinar. Desde a área de música o alumnado de 6º curso creou a coreografía da canción relacionada co PDI do cole para que o resto do alumnado poida bailar o día de Entroido.
Esperamos que vos guste e que poidades practicar moito!


 

miércoles, 18 de enero de 2023

Mochila deportiva viaxeira

 Este novo trimestre comezamos o ano saltando! 

Estamos traballando con comba e moitos levan para casa a mochila deportiva viaxeira coa corda para practicar na súa casa. 

Que será o seguinte que levaremos?




jueves, 12 de enero de 2023

3 de Decembro- Día Internacional das persoas con discapacidade

O día 3 de decembro celebramos no cole o Día Internacional das persoas con discapacidade. Tivemos a sorte de contar coa asociación Anduriña do Grove e aproveitamos para facer unha sesión de actividade física para celebrar dita conmemoración.





 https://youtu.be/o1rYtR5eibQ

miércoles, 11 de enero de 2023

FRUITÓMETRO

Dende a área de Educación Física, en conxunto coas titorías, lévase a cabo un "Fruitómetro" para fomentar o consumo de froita entre o alumnado e aproveitando así para levar a cabo un cálculo do mesmo.
 
De esta forma, traballamos de xeito integral alcanzando as distintas competencias clave.


 

Relaxámonos xuntos

A Organización Mundial da Saúde define esta como un estado completo de benestar físico, mental e social. 

Logo dunha sesión de actividade física, empregamos a relaxación coa finalidade de acadar ese benestar mental mencionado con anterioridade.

https://youtu.be/wQbzxD0NnZY 

 

Ioga nas titorías

Segundo autores como Molinero (2010), "desactivar" e relaxar ao alumnado facilita o descanso do sistema nervioso permitindo un maior control sobre o mesmo.

Por iso son tan importantes estas sesións de ioga na que nos relaxamos e divertimos tanto.



 

As merendas dos máis pequenos

Deixamos unha pequena mostra das merendas dalgunhas das nenas e nenos do cole... que rico!









 

Merendas saudables

A nova lei educativa incorpora no obxectivo k, aquel que garda relación coa Educación Física, a alimentación, que xunto co deporte son os medios para favorecer o desenvolvemento persoal e social.

Por iso, desde o centro, faise unha recomendación ás familias de merendas saudables para favorecer a bos hábitos de alimentación.


 

Benvidos a Conmeniño saudable!

 Ola conmeniños e conmeniñas:

Tal e como enmarca o terceiro obxectivo da Axenda 2030 "Garantizar unha vida sa e promover o benestar para todos en todas as idades" así como as demais leis actuais, o centro educativo debe levar a cabo o fomento de boas prácticas de actividade física e hábitos saudables.

A partir de agora, neste blogue publicaranse todas aquelas actuacións enmarcadas no noso Proxecto Deportivo de Centro, tanto as que se leven a cabo dentro do horario lectivo como aquelas que se realicen fóra.




Himno das Olimpiadas de Conmeniño

Aquí vos deixo o himno de Conmeniño Olímpico, gravado polo alumnado de 6º curso para que o resto de alumnas e alumnos do centro puidese prac...