miércoles, 22 de marzo de 2023

Ángel, súper saudable!

 Déixovos por aquí unha foto de Ángel, un novo súper saudable. Parabéns por completar o Froitómetro!




Coreografías combas 6º EP

 Bo día, aquí vos deixo a coreografía de combas que fixeron as nenas e os nenos de 6º de Educación Primaria na área de Educación Física.





jueves, 16 de marzo de 2023

Almorzos saudables e consumo responsable

O día 15 de marzo celébrase o Día Mundial dos Dereitos do Consumidor. 
Na clase de 3 e 4 anos levouse a cabo un obradoiro de almorzos saudables, no que logo de facer unha compra realizaban unhas brochetas de froita. Desta forma todos e todas conmemoramos o dereito a vivir e gozar dun medio ambiente máis saudable e sustentable.



 

Coreografías combas 5º EP

Bo día, aquí vos deixo a coreografía de combas que fixeron as nenas e os nenos de 5º de Educación Primaria na área de Educación Física.









jueves, 9 de marzo de 2023

Tania Álvarez Yates

 Esta semana tivemos tivemos a sorte de ter no cole a Tania Álvarez, piragüista e campioa mundial de maratón. Coa súa personalidade, cercana e humilde, gañouse a confianza dos máis pequenos/as, os cales lle fixeron moitas preguntas, probaron as súas medallas e ata lle pediron que lles firmaran autógrafos.

Aquí vos deixo a súa presentación, para que poidades coñecer un pouquiño máis dela e máis un pequeno vídeo da experiencia que vivimos no cole coa súa visita, reivindicando a importancia das mulleres da nosa vila no deporte e máis o valor da práctica de actividade física e a saúde, facendo fincapé na alimentación e na constancia do deporte no día a día.






miércoles, 8 de marzo de 2023

Xornada de deportes autóctonos

O alumnado de 6º curso participou mediante Xogade nunha xornada de deportes autóctonos (billarda, bolos celtas e chave). Pasámolo de marabilla!

                                       








Almorzos saudables

 O pasado mes, o alumnado de 4º e 6º curso tivo a sorte de acudir ao Centro de Hostalería da Lanzada a realizar un obradoiro de almorzos saudables. 

Xunto cos alumnos/as que traballan no taller, aprenderon a importancia dunha alimentación saudable elaborando almorzos presentados con diseños fantásticos.

As nenas e os nenos degustaron diferentes alimentos, quentes e fríos e grazas a información sobre deteccións de azucres, poderán agora almorzar de forma máis saudable.







2ª Xornada de Multideporte na escola

 O martes e o xoves da semana pasada vivimos a segunda xornada de multideporte na escola. Esta vez tocounos ser as dúas veces cole visitante, polo que o martes o alumnado de 5º de Educación Primaria visitou o CEIP O Cruceiro (Vilalonga) e o xoves, o alumnado de 3º e 4º acudiu ao cole da Florida (Sanxenxo). Foron unhas xornadas moi enriquecedoras de deporte colectivo nas que nos acolleron moi ben e gozamos moito. Parabéns a todas e a todos.









Estrada de Conmeniño Saudable

 Tal e como podedes ver nunha entrada do blogue anterior, todos os días antes de saír ao patio rexistramos nun fruitómetro o número de pezas de frutas que trouxo a totalidade do alumnado da clase. Así, ao final da semana facemos un reconto e avanzamos na nosa estrada de Conmeniño Saudable, quen gañará?



viernes, 3 de marzo de 2023

RETO FEBREIRO: AGUACATE

Durante todo o mes de febreiro tivemos un novo reto: probar o aguacate! Aquí vos deixo a foto do noso rincón de retos. 

Moitas grazas a todas as familias pola vosa colaboración neste pequeno proxecto.

A polo seguinte reto!

 

jueves, 2 de marzo de 2023

RUTA ORNITOLÓXICA

As nenas e os nenos de 3º e 4º de Primaria tiveron a sorte de realizar unha Ruta ornitolóxica na Praia do Fornos, na Illa da Toxa. Alí puideron observar as diferentes aves que habitan a nosa costa a través de prismáticos e telescopios, ao tempo que anotaban nun caderno de campo todas as especies que foron quen de avistar, aproveitando ademais para fotografar todos os marabillosos momentos que nos brindou esta experiencia.

Agradecer tamén ao Concello do Grove por ofrecernos actividades tan enriquecedoras como esta, onde a práctica de actividade física está tan presente.
O noso agradecemento a Encarna e a Gustavo, por compartir con nós todos os seus coñecementos, pola súa amabilidade e por contaxiarnos o seu entusiasmo e actitude respectuosa coas aves e o medio ambiente.



Entroido 2023

Despois de moito ensaiar, por fin chegou o día do entroido. Grazas a todas as familias que nos acompañaron e pasaron este bonito día con nós.

Aquí vos deixo un pequeno resumo do ben que o pasamos!





Himno das Olimpiadas de Conmeniño

Aquí vos deixo o himno de Conmeniño Olímpico, gravado polo alumnado de 6º curso para que o resto de alumnas e alumnos do centro puidese prac...