domingo, 12 de febrero de 2023

Quen vive aí?

"Quen vive aí?" foi un obradoiro que realizaron os nenos e as nenas do centro en relación co noso composteiro. Por que acaso non se trata tamén de alimentación saudable?
Pois claro! Trátase dunha iniciativa que garda relación cos hábitos de vida saudables e máis co desenvolvemento sostible e concienciación medioambiental, aspectos fundamentais para fomentar o papel activo do alumnado ante os desafíos sociais.








 

Obradoiro de "Arte reciclada"



O pasado mes de xaneiro o alumnado de 1º a 4º de Educación Primaria realizou un obradoiro de "Arte Reciclada" coa Asociación de Persoas con Discapacidade "AMICOS".

Dita actividade realizouse a través do xogo e empleando a actividade física como aspecto fundamental para conseguir o noso obxectivo. Unha maneira máis de incrementar o cómputo total de actividade física efectiva desenvolvida ao longo do día, dentro do horario lectivo.

Deste xeito tamén estamos contribuíndo cos seguintes obxectivos da axenda 2030:

  • ODS 3. Saúde e benestar
  • ODS 4. Educación de calidade
  • ODS 5. Igualdade de xénero
  • ODS 10. Redución das desigualdades
  • ODS 11. Cidades e comunidades sustentables




 

miércoles, 1 de febrero de 2023

XOGADE- multideporte

A pasada semana tivemos dúas xornadas de convivencia en relación con Xogade (multideporte). No primeiro vídeo podedes ver ao noso alumnado de 3º e 4º de primaria xunto co colexio Abrente, xa que participamos como cole local. No segundo vídeo fomos visitantes e acudimos ao cole de Bizocas co noso alumnado de 5º e 6º.




 

Entrega de Diplomas "Marcha pola non violencia e a paz"


Este foi o diploma que lle entregamos a cada nena e neno pola súa participación na marcha pola non violencia e a paz.






 

Marcha pola non violencia e a paz

O luns 30 de xaneiro realizamos unha marcha pola non violencia e a paz, loitando contra a inactividade física e o sedentarismo, creando hábitos que perduren fóra do centro escolar. Ademais, a esta andaina acompañáronnos as nosas familias, apadriñando así a varios sedentarios 😊
Aquí vos deixamos unha pequena mostra do ben que o pasamos!


 

Himno das Olimpiadas de Conmeniño

Aquí vos deixo o himno de Conmeniño Olímpico, gravado polo alumnado de 6º curso para que o resto de alumnas e alumnos do centro puidese prac...