O pasado mes de xaneiro o alumnado de 1º a 4º de Educación Primaria realizou un obradoiro de "Arte Reciclada" coa Asociación de Persoas con Discapacidade "AMICOS".
Dita actividade realizouse a través do xogo e empleando a actividade física como aspecto fundamental para conseguir o noso obxectivo. Unha maneira máis de incrementar o cómputo total de actividade física efectiva
desenvolvida ao longo do día, dentro do horario lectivo.
Deste xeito tamén estamos contribuíndo cos seguintes obxectivos da axenda 2030:
- ODS 3. Saúde e benestar
- ODS 4. Educación de calidade
- ODS 5. Igualdade de xénero
- ODS 10. Redución das desigualdades
- ODS 11. Cidades e comunidades sustentables
No hay comentarios:
Publicar un comentario