miércoles, 26 de abril de 2023

Simulacro de incendios

A saúde tamén implica coidarnos e previr calquera acontecemento que poida dañar a nosa saúde, por iso desde o centro levouse a cabo un Simulacro de incendios, acompañados polo Servizo de Emerxencias do Grove. 
Foi unha experiencia moi interesante e tanto o alumnado como o profesorado pasámolo moi ben coñecendo os diferentes materiais que empregan e xogando coa escuma de apagar o lume. 
Parabéns a todos os nenos e nenas que o fixeron tan ben e moitas grazas a Emerxencias por dedicarnos un chisquiño do seu tempo!


7 de abril- Día Mundial da Saúde

O día 7 de abril conmemorouse o Día Mundial da Saúde. Tivemos a sorte de contar coa mamá de Marc e Amaya, a cal traballa no sector sanitario, e dounos unhas nocións básicas a todos e a todas sobre a saúde e a importancia dunha boa hixiene e alimentación saudable.






 

Fai clic ao teu bocata

Obradoiro organizado pola Consellería do mar, a través do Plan Proxecta, que ten como dobre obxectivo facilitar o coñecemento e consumo de produtos en conserva do mar de Galicia entre as nenas e nenos da nosa Comunidade e de incidir e equilibrar as súas dietas alimentarias.

 

martes, 11 de abril de 2023

Coñece o meu club: Atletismo

Tivemos a sorte de que un membro do Club Deportivo Ría de Arousa, que ademais temos a sorte de telo como conserxe nos dera unhas nocións básicas de Atletismo a través da modalidade de Xogade "Coñece o meu club". Foi unha experiencia moi enriquecedora.
Gracias Fran!


SAAAABOR

  O pasado mes, en colaboración co Concello, o alumnado de 3º e 6º acudiu ao auditorio do Grove para gozar da obra "Saaabor", un e...