E finalmente, deíxovos por aquí unhas recomendacións para a práctica de actividade física no verán.
Boas vacacións familias e nenos/as, vémonos en setembro!
E finalmente, deíxovos por aquí unhas recomendacións para a práctica de actividade física no verán.
Boas vacacións familias e nenos/as, vémonos en setembro!
...con moita froita, froitos secos, bocadillos... e moitos amigos/as. Ademais, foron os encargados de repartir eles e elas mesmas as invitacións!
O alumnado de 5º e 6º realizou a súa excursión de fin de curso ao camping Paisaxe II, no Grove, onde puideron gozar de actividades ao aire libre grazas ao entorno que nos rodea. Foi unha xornada de ocio con multitude de actividades lúdico-educativas, fomentando así actitudes respetuosas co medio ambiente e favorecendo a práctica de actividade física ao aire libre.
Para conmemorar o Día Mundial do Medio Ambiente (5 de xuño) realizamos a Semana sen fume sobre rodas. Esta iniciativa consistía en que o alumnado podía vir en bici á escola e no patio, poder participar no circuíto de educación vial. Sen dúbida, foi unha experiencia que repetiremos!
Grazas familias pola vosa colaboración e por poder facelo posible.
Como sabedes, en relación co noso proxecto, o alumnado de EI traballou co Refuxio de Cambados. Cada un/unha escolleu un can ou un gato e elaboraron carteis para colocar polo concello do Grove.
Logo, Olga, a responsable do Refuxio veu visitarnos e trouxo consigo a uns axudantes moi especiais que levaron consigo unha recollida de alimentos e produtos grazas ás donacións das familias do cole, que unha vez máis, queremos darlles as gracias pola súa colaboración.
Ela falounos da importancia de coidar a un animal e sacalo a pasear, promovendo ir pasear aos cans do Refuxio.
O alumnado de 1º curso preparou para a merenda unha ensalada riquísima con produtos do noso horto e algún que outro complemento. Agora terán que escribir a receita para deixárnola ao resto de cursos!
O alumnado de 6º de Educación Infantil realizou unha búsqueda do tesouro na Biblioteca. O obxectivo era ir atopando as diferentes pegatinas ao mesmo tempo que coñecían o lugar onde se colocan os libros e xogaban a través do movemento.
Aquí vos deixo o vídeo para que vexades o ben que o pasaron!
Bicos de Gusibot.
O pasado mércores 14 de xuño fixemos unha viaxe en barco pola ría, onde puidemos descubrir un dos grandes tesouros que temos, que en boa parte define a nosa vila de O Grove, que é gastronomía.
Dende o porto embarcamos e fixemos varias paradas para ver as bateas de cerca e onde nos explicaban o seu funcionamento co mexillón e a importancia que ten para esta aldea mariñeira. Ademais puidemos observar a través dos cristais a visión submarina, o fondo do mar e os peixes que habitan debaixo dos criadeiros.
Tampouco faltou a música e baile para o desfrute dos rapaces; cantaron, saltaron e ata comeron mexillóns para o deleite do seu padal. Estaban boísimos!
O pasado mes, en colaboración co Concello, o alumnado de 3º e 6º acudiu ao auditorio do Grove para gozar da obra "Saaabor", un e...