Déixovos por aquí unha foto de Ángel, un novo súper saudable. Parabéns por completar o Froitómetro!
CONMENIÑO SAUDABLE
Proxectos de vida activa e deportiva do CEIP Plurilingüe de Conmeniño
miércoles, 22 de marzo de 2023
Coreografías combas 6º EP
Bo día, aquí vos deixo a coreografía de combas que fixeron as nenas e os nenos de 6º de Educación Primaria na área de Educación Física.
jueves, 16 de marzo de 2023
Almorzos saudables e consumo responsable
Coreografías combas 5º EP
jueves, 9 de marzo de 2023
Tania Álvarez Yates
Esta semana tivemos tivemos a sorte de ter no cole a Tania Álvarez, piragüista e campioa mundial de maratón. Coa súa personalidade, cercana e humilde, gañouse a confianza dos máis pequenos/as, os cales lle fixeron moitas preguntas, probaron as súas medallas e ata lle pediron que lles firmaran autógrafos.
Aquí vos deixo a súa presentación, para que poidades coñecer un pouquiño máis dela e máis un pequeno vídeo da experiencia que vivimos no cole coa súa visita, reivindicando a importancia das mulleres da nosa vila no deporte e máis o valor da práctica de actividade física e a saúde, facendo fincapé na alimentación e na constancia do deporte no día a día.
miércoles, 8 de marzo de 2023
Xornada de deportes autóctonos
O alumnado de 6º curso participou mediante Xogade nunha xornada de deportes autóctonos (billarda, bolos celtas e chave). Pasámolo de marabilla!
Almorzos saudables
O pasado mes, o alumnado de 4º e 6º curso tivo a sorte de acudir ao Centro de Hostalería da Lanzada a realizar un obradoiro de almorzos saudables.
Xunto cos alumnos/as que traballan no taller, aprenderon a importancia dunha alimentación saudable elaborando almorzos presentados con diseños fantásticos.
As nenas e os nenos degustaron diferentes alimentos, quentes e fríos e grazas a información sobre deteccións de azucres, poderán agora almorzar de forma máis saudable.
Ángel, súper saudable!
Déixovos por aquí unha foto de Ángel, un novo súper saudable. Parabéns por completar o Froitómetro!

-
A actividade física está presente no noso día de maneira interdisciplinar. Desde a área de música o alumnado de 6º curso creou a coreografía...
-
Déixovos por aquí unha foto de Mateo, o noso primeiro súper saudable. Parabéns por completar o Fruitómetro!
-
O día 3 de decembro celebramos no cole o Día Internacional das persoas con discapacidade. Tivemos a sorte de contar coa asociación Anduriña ...