jueves, 2 de marzo de 2023

RUTA ORNITOLÓXICA

As nenas e os nenos de 3º e 4º de Primaria tiveron a sorte de realizar unha Ruta ornitolóxica na Praia do Fornos, na Illa da Toxa. Alí puideron observar as diferentes aves que habitan a nosa costa a través de prismáticos e telescopios, ao tempo que anotaban nun caderno de campo todas as especies que foron quen de avistar, aproveitando ademais para fotografar todos os marabillosos momentos que nos brindou esta experiencia.

Agradecer tamén ao Concello do Grove por ofrecernos actividades tan enriquecedoras como esta, onde a práctica de actividade física está tan presente.
O noso agradecemento a Encarna e a Gustavo, por compartir con nós todos os seus coñecementos, pola súa amabilidade e por contaxiarnos o seu entusiasmo e actitude respectuosa coas aves e o medio ambiente.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

Saúde Mental

En outubro conmemórase o Día da Saúde Mental, por iso, nos corredores do cole tamén deixamos algún conselliño para ler e reflexionar sobre e...