Na área de Educación Física, o alumnado de 3° participou nunha divertida busca do tesouro organizada pola mestra en prácticas que nos acompañou durante o curso. A actividade desenvolveuse na clase da profe Belén, polo patio, e foi todo un éxito: nenas e nenos gozaron ao máximo resolvendo pistas e colaborando en equipo. ¡Moitas grazas por esta experiencia tan especial profe Arantxa!
Hoxe celebramos o Día das Letras Galegas cunha xornada de convivencia no CEIP As Bizocas. Gozamos coa actuación das cantareiras Abiñadoira de Sanxenxo, e xuntos cantamos, tocamos e bailamos unha canción preparada previamente.
Foi un encontro cheo de emoción, onde a lectura saíu das páxinas para converterse en música, movemento e comunidade.
Durante esta xornada:
Falamos do libro e do legado das cantareiras na nosa cultura.
Cantamos, tocamos e bailamos todos xuntos unha canción tradicional galega, sentindo a forza da unión e da tradición.
Reflexionamos sobre o valor da música como forma de expresión, de resistencia e de celebración colectiva.
Foi unha experiencia inesquecible onde, máis alá da lectura, compartimos vivencias, risos e emocións, mantendo viva a memoria e o espírito das cantareiras galegas que tanto teñen contribuído á nosa identidade.
“Canta, miña compañeira” converteuse así nunha chamada a seguir cantando, a seguir unidas e unidos arredor da nosa lingua e das nosas raíces.
Para rematar, participamos nunha divertida busca do tesouro internivel, organizada polo alumnado anfitrión. Como agasallo, levamos para casa un fermoso chaveiro feito por eles/as. Un día cheo de música, colaboración e amor pola nosa lingua e cultura! 📚🎶