O pasado venres viñeron compartir connosco valiosos coñecementos sobre a importancia dos hábitos saudables. Durante a charla, os estudantes aprenderon como unha boa alimentación, a actividade física regular e o coidado do benestar emocional son fundamentais para ter unha vida plena e activa. Esta charla non só foi educativa, senón tamén inspiradora, motivando aos nosos pequenos para tomar decisións máis saudables e coidar o seu corpo desde temperá idade. Un paso máis cara a un futuro cheo de benestar!
miércoles, 19 de marzo de 2025
martes, 18 de marzo de 2025
Degustación de froita de tempada- plátano
Este mes de marzo (O día 17) é a quenda do plátano! Nesta dinámica, teremos a oportunidade de explorar non só o plátano en forma natural, senón tamén en receitas como biscoitos, zume, brochetas de froitas, etc.
O obxectivo é promover hábitos saudables e dar a coñecer a versatilidade do plátano, así como os beneficios que as froitas de tempada nos ofrecen para manternos saudables e cheos de enerxía.
Agradecemos profundamente a vosa colaboración para que os pequenos e pequenas poidan experimentar e gozar de sabores variados e nutritivos, favorecendo un estilo de vida activo e equilibrado.
Grazas por apoiar esta iniciativa e formar parte deste plan tan positivo!
Charla sobre hábitos saudables: un paso cara o benestar
O pasado venres viñeron compartir connosco valiosos coñecementos sobre a importancia dos hábitos saudables. Durante a charla, os estudante...
-
ALUMNADO DE EDUCACIÓN INFANTIL - Presentámosvos unha nova actividade: Trátase dunha actividade saudable e creativa: probar diferentes alim...
-
Carreira Escolar do Salnés, con carácter solidario, xa que a recaudación foi para a Fundación Aladina. Ademais, estreamos as nosas camisetas...
-
Chega o verán, e desde Conmeniño Saudable queremos ofrecer unhas recomendacións para o día a día, coidate, xoga, fai exercicio físico e beb...