lunes, 10 de febrero de 2025

Degustación de froita de tempada- mandarina

 ALUMNADO DE EDUCACIÓN INFANTIL- Presentámosvos unha nova actividade:

Trátase dunha actividade saudable e creativa: probar diferentes alimentos que inclúan distintos tipos de froita de tempada. Neste mes de febreiro (O día 17) comezamos pola mandarina! Durante esta dinámica, teremos a oportunidade de explorar non só a mandarina en forma natural, senón tamén en receitas como biscoitos, zume, brochetas de froitas, etc.

O obxectivo é promover hábitos saudables e dar a coñecer a versatilidade da mandarina, así como os beneficios que as froitas de tempada nos ofrecen para manternos saudables e cheos de enerxía.

Agradecemos profundamente a vosa colaboración para que os pequenos e pequenas poidan experimentar e gozar de sabores variados e nutritivos, favorecendo un estilo de vida activo e equilibrado. 

Grazas por apoiar esta iniciativa e formar parte deste plan tan positivo!


Aquí tedes un pequeno resumo: 








viernes, 7 de febrero de 2025

Cross escolar en Portas: clasificados con esforzo e ilusión

O grupo de 5º participou no cross escolar celebrado en Portas, representando ao cole con moito esforzo, deportividade e ganas, demostrando todo o traballo feito nas clases de Educación Física e fóra delas. Foi unha xornada chea de emoción, superación e apoio mutuo entre compañeiros e compañeiras.

Parabéns a todo o alumnado participante polo compromiso e a actitude! Seguimos sumando experiencias a través do deporte. 









Xornadas de balonmán: deporte, aprendizaxe e convivencia 🤾‍♂️

 Nas últimas semanas, o alumnado tivo a oportunidade de achegarse ao balonmán da man de profesionais: membros dun club local visitaron o noso centro para iniciarnos neste deporte a través de sesións prácticas, dinámicas e moi divertidas.

Finalmente, participaremos nunha xornada de convivencia deportiva con outros centros da zona, onde poñeremos en práctica o aprendido, xogaremos en equipo e desfrutaremos dunha mañá chea de deporte e compañeirismo.




martes, 4 de febrero de 2025

Marcha pola Paz

 Ola familias, por aquí vos deixamos un pequeno resumo da celebración da Conmemoración do Día da Non Violencia e a Paz:

Primeiramente, decidimos facer unha Marcha Solidaria Pola Paz: por traer un alimento non perecedoiro, levaban un libro de expurgo da biblioteca de agasallo.

 


 

Aquí está un pequeno resumo da nosa Marcha, acompañadas/os polas familias e o equipo de emerxencias do Grove:
 




Inspirado no muro de Berlín, tamén fixemos un mural colaborativo e creativo, en relación ao noso PDI: 

 


E finalmemte, "interlanguage" coa área de Inglés, unha actividade organizada pola auxiliar de conversa Chiara:


Esperamos que vos guste e moitas gracias, un ano máis, pola vosa colaboración e implicación! 

Último día de curso pasado por auga… e diversión!

  Despedimos o curso como máis nos gusta: xogando, rindo e compartindo momentos inesquecibles. Celebramos o último día cunha xornada chea de...