Despedimos o curso como máis nos gusta: xogando, rindo e compartindo momentos inesquecibles. Celebramos o último día cunha xornada chea de xogos de auga, na que non faltaron as carreiras, os chorros, os baldes e, sobre todo… ¡moita alegría!
Tanto pequenos como maiores gozaron ao máximo, nun ambiente de convivencia, festa e despedida. Un xeito refrescante e divertido de pechar un curso cheo de aprendizaxes e emocións.
Grazas a todo o alumnado por ser o corazón desta escola. Agora… a descansar e a desfrutar do verán!
Na área de Educación Física, o alumnado de 3° participou nunha divertida busca do tesouro organizada pola mestra en prácticas que nos acompañou durante o curso. A actividade desenvolveuse na clase da profe Belén, polo patio, e foi todo un éxito: nenas e nenos gozaron ao máximo resolvendo pistas e colaborando en equipo. ¡Moitas grazas por esta experiencia tan especial profe Arantxa!
Hoxe celebramos o Día das Letras Galegas cunha xornada de convivencia no CEIP As Bizocas. Gozamos coa actuación das cantareiras Abiñadoira de Sanxenxo, e xuntos cantamos, tocamos e bailamos unha canción preparada previamente.
Foi un encontro cheo de emoción, onde a lectura saíu das páxinas para converterse en música, movemento e comunidade.
Durante esta xornada:
Falamos do libro e do legado das cantareiras na nosa cultura.
Cantamos, tocamos e bailamos todos xuntos unha canción tradicional galega, sentindo a forza da unión e da tradición.
Reflexionamos sobre o valor da música como forma de expresión, de resistencia e de celebración colectiva.
Foi unha experiencia inesquecible onde, máis alá da lectura, compartimos vivencias, risos e emocións, mantendo viva a memoria e o espírito das cantareiras galegas que tanto teñen contribuído á nosa identidade.
“Canta, miña compañeira” converteuse así nunha chamada a seguir cantando, a seguir unidas e unidos arredor da nosa lingua e das nosas raíces.
Para rematar, participamos nunha divertida busca do tesouro internivel, organizada polo alumnado anfitrión. Como agasallo, levamos para casa un fermoso chaveiro feito por eles/as. Un día cheo de música, colaboración e amor pola nosa lingua e cultura! 📚🎶
Esta semana, na aula de Educación Infantil, vivimos unha experiencia moi saudable: preparamos as nosas propias tortitas usando fariña integral! As nenas e os nenos participaron en cada paso da receita, desde medir os ingredientes ata ver como se cociñaban as tortitas e por suposto, saboreándoas con mel, sirope de arce e un pouquiño de chocolate 🫣
O resultado foi unha merenda riquísima e un momento compartido cheo de aprendizaxes. Foi todo un éxito!
O pasado venres viñeron compartir connosco valiosos coñecementos sobre a importancia dos hábitos saudables. Durante a charla, os estudantes aprenderon como unha boa alimentación, a actividade física regular e o coidado do benestar emocional son fundamentais para ter unha vida plena e activa. Esta charla non só foi educativa, senón tamén inspiradora, motivando aos nosos pequenos para tomar decisións máis saudables e coidar o seu corpo desde temperá idade. Un paso máis cara a un futuro cheo de benestar!
Este mes de marzo (O día 17) é a quenda do plátano! Nesta dinámica, teremos a oportunidade de explorar non só o plátano en forma natural, senón tamén en receitas como biscoitos, zume, brochetas de froitas, etc.
O obxectivo é promover hábitos saudables e dar a coñecer a versatilidade do plátano, así como os beneficios que as froitas de tempada nos ofrecen para manternos saudables e cheos de enerxía.
Agradecemos profundamente a vosa colaboración para que os pequenos e pequenas poidan experimentar e gozar de sabores variados e nutritivos, favorecendo un estilo de vida activo e equilibrado.
Grazas por apoiar esta iniciativa e formar parte deste plan tan positivo!
ALUMNADO DE EDUCACIÓN INFANTIL- Presentámosvos unha nova actividade:
Trátase dunha actividade saudable e creativa: probar diferentes alimentos que inclúan distintos tipos de froita de tempada. Neste mes de febreiro (O día 17) comezamos pola mandarina! Durante esta dinámica, teremos a oportunidade de explorar non só a mandarina en forma natural, senón tamén en receitas como biscoitos, zume, brochetas de froitas, etc.
O obxectivo é promover hábitos saudables e dar a coñecer a versatilidade da mandarina, así como os beneficios que as froitas de tempada nos ofrecen para manternos saudables e cheos de enerxía.
Agradecemos profundamente a vosa colaboración para que os pequenos e pequenas poidan experimentar e gozar de sabores variados e nutritivos, favorecendo un estilo de vida activo e equilibrado.
Grazas por apoiar esta iniciativa e formar parte deste plan tan positivo!
O grupo de 5º participou no cross escolar celebrado en Portas, representando ao cole con moito esforzo, deportividade e ganas, demostrando todo o traballo feito nas clases de Educación Física e fóra delas. Foi unha xornada chea de emoción, superación e apoio mutuo entre compañeiros e compañeiras.
Parabéns a todo o alumnado participante polo compromiso e a actitude! Seguimos sumando experiencias a través do deporte.
Nas últimas semanas, o alumnado tivo a oportunidade de achegarse ao balonmán da man de profesionais: membros dun club local visitaron o noso centro para iniciarnos neste deporte a través de sesións prácticas, dinámicas e moi divertidas.
Finalmente, participaremos nunha xornada de convivencia deportiva con outros centros da zona, onde poñeremos en práctica o aprendido, xogaremos en equipo e desfrutaremos dunha mañá chea de deporte e compañeirismo.
Ola familias, por aquí vos deixamos un pequeno resumo da celebración da Conmemoración do Día da Non Violencia e a Paz:
Primeiramente, decidimos facer unha Marcha Solidaria Pola Paz: por traer un alimento non perecedoiro, levaban un libro de expurgo da biblioteca de agasallo.
Aquí está un pequeno resumo da nosa Marcha, acompañadas/os polas familias e o equipo de emerxencias do Grove:
Inspirado no muro de Berlín, tamén fixemos un mural colaborativo e creativo, en relación ao noso PDI:
E finalmemte, "interlanguage" coa área de Inglés, unha actividade organizada pola auxiliar de conversa Chiara:
Esperamos que vos guste e moitas gracias, un ano máis, pola vosa colaboración e implicación!