miércoles, 30 de octubre de 2024

martes, 22 de octubre de 2024

Novo recuncho de estimulación multisensorial

No centro habilitamos un recuncho de estimulación multisensorial pensado para favorecer o desenvolvemento da psicomotricidade global e fina do alumnado.

Neste espazo, as crianzas poden explorar diferentes materiais, texturas, cores e sons, que lles permiten traballar a coordinación, a percepción sensorial e a motricidade dunha forma lúdica e significativa.

Un recurso pensado para atender ás necesidades de cada neno e nena, potenciando o seu desenvolvemento a través do xogo, o movemento e a estimulación consciente.

 




lunes, 21 de octubre de 2024

Coñece o meu club: achegándonos ao balonmán local

 Dentro do programa Coñece o meu club, recibimos no centro a visita do adestrador de balonmán de O Rasoeiro, que compartiu unha xornada deportiva co alumnado de 5º e 6º de Primaria.

A través de xogos, exercicios e explicacións prácticas, puideron coñecer de preto este deporte, ao tempo que se promoveu o deporte local e a importancia de participar en actividades deportivas fóra do horario escolar.

Foi unha mañá moi activa e divertida, na que o alumnado se achegou ao balonmán dun xeito motivador e próximo. Grazas a Pablo por vir ao cole e compartir a súa paixón polo deporte!



 

jueves, 10 de octubre de 2024

10 outubro- Volvemos a implementar o método HERVAT

 Ola familias, ao igual que o pasado ano, volvemos poñer en marcha o método HERVAT.  

Debido a que o 10 de outubro conmemórase o Día da saúde mental, escollemos este día como concienciación da importancia do noso benestar físico pero tamén mental, vovendo a poñer en marcha o método HERVAT.


Que é eso? Pois consiste en realizar seis exercicios: hidratación, equilibrio, respiración, visión, audición e tacto para mellorar as habilidades cognitivas. Fanse de forma rutinaria e sistemática antes de comezar unha nova actividade, e permiten ás nenas e nenos relaxarse e activar o corpo e o cerebro, antes dun novo aprendizaxe.

 

Último día de curso pasado por auga… e diversión!

  Despedimos o curso como máis nos gusta: xogando, rindo e compartindo momentos inesquecibles. Celebramos o último día cunha xornada chea de...