jueves, 6 de junio de 2024

5 XUÑO- Día mundial do medio ambiente

 Batida de limpeza na praia da Lavaxeira 

Moitos de nós pasamos as tardes de verán na Lavaxeira, vendo como ano tras ano o mar devolve todo o lixo que producimos as persoas.

Unha vez máis, puxemos o noso gran de area para limpar a nosa contorna, concienciéndanos da importancia de contribuir a manter os espazos naturais limpos.

Ogallá chegue o día no que non teñamos que facer batidas de limpeza e poidamos ir á praia simplemente a gozar da natureza.

Grazas a todas e a todos por facer deste un mundo mellor 💙










Tamén quedou tempo para gozar do día de praia, observar a fauna que habita as nosas costas e realizar uns xogos que organizou o alumnado de 6º curso.









No hay comentarios:

Publicar un comentario

20 de Novembro, Día Universal da Infancia

  O 20 de novembro, conmmemórase o Día Universal da Infancia e este ano, en relación cos obxectivos da Axenda 2030, queremos sumarnos á inic...