Aquí podedes ver unha foto dos nosos pequeniñ@s gozando do slackline.
sábado, 25 de mayo de 2024
martes, 21 de mayo de 2024
Dorsais olímpicos
Método HERVAT
Que é eso do método Hervat? Pois consiste en realizar seis exercicios: hidratación, equilibrio, respiración, visión, audición e tacto para mellorar as habilidades cognitivas. Fanse de forma rutinaria e sistemática antes de comezar unha nova actividade, e permiten ás nenas e nenos relaxarse e activar o corpo e o cerebro, antes dun novo aprendizaxe.
Aros olímpicos creativos
Os alumnos e as alumnas de 4 anos crearon os seus propios aros olímpicos co lápis 3D. Que vos parecen?
Os deportistas de Conmeniño
Os deportistas de Conmeniño, actividade realizada con todos os deportistas do cole que quixeron participar. Foi deseñada polo alummado de 5º curso na materia de Proxecto Competencial.
Carreira escolar do Salnés
Azucarómetro
Todo bo deportista debe seguir unha boa alimentación, por eso, o alumnado de 5º de Proxecto Competencial investigou sobre o azúcar que tiñan algúns alimentos. Que vos parece?
lunes, 20 de mayo de 2024
Optometrista- saúde- benestar
O día de hoxe tivemos a sorte de ter no noso cole a Ana, optometrista, que nos explicou a importancia de coidar a nosa vista e protexela das pantallas.
Moitas gracias pola túa profesionalidade, Ana!
Coñece o meu Club- Xogade
Tendo en conta o noso proxecto do cole, Conmeniño Olímpico, e que o boxeo é unha modalidade olímpica, tivemos a sorte de ter con nós a Lucía Soto, do grupo de Kick Boxing de Poio, para os grupos de 5 anos, 1º, 2º e 3º de Educación Primaria. Lucía foi moi cercana con nós e ensinounos moitas cousas sobre o boxeo, prestounos os seus guantes e puidemos practicar moitos xogos!
domingo, 19 de mayo de 2024
Almorzos saudables
Para conmemorar o Día Mundial da Saúde e en colaboración co Centro de Hostalaría do Grove tivemos a sorte de poder asistir a un obradoiro de almorzos saudables. Este ano tocoulle ao alumnado de Educación Infantil.
Así de contentos saímos no autobús
Charla sobre hábitos saudables: un paso cara o benestar
O pasado venres viñeron compartir connosco valiosos coñecementos sobre a importancia dos hábitos saudables. Durante a charla, os estudante...
-
ALUMNADO DE EDUCACIÓN INFANTIL - Presentámosvos unha nova actividade: Trátase dunha actividade saudable e creativa: probar diferentes alim...
-
Carreira Escolar do Salnés, con carácter solidario, xa que a recaudación foi para a Fundación Aladina. Ademais, estreamos as nosas camisetas...
-
Chega o verán, e desde Conmeniño Saudable queremos ofrecer unhas recomendacións para o día a día, coidate, xoga, fai exercicio físico e beb...