jueves, 21 de noviembre de 2024

20 de Novembro, Día Universal da Infancia

 O 20 de novembro, conmmemórase o Día Universal da Infancia e este ano, en relación cos obxectivos da Axenda 2030, queremos sumarnos á iniciativa da ASEAF do Día do Pixama, na que toda a comunidade educativa acudirá ao centro en pixama para dar visibilidade aos case 17.000 nenos e nenas que crecen en centros de acollida en España. 

O pixama, neste caso, simboliza  momentos icónicos e entrañables do día como unha cea en familia, o conto antes de durmir, un bico de boas noites... e para ti, que representa? 


Por aquí vos deixamos un vídeo da xornada, como non podería ser doutra forma, xogando, un dereito dos nenos e das nenas.


Ademais, no 3º curso aproveitaron para falar dos distintos tipos de familias a partir do conto "Unha chea de familias". Describiron como é a súa familia e fixeron fincapé na importancia de ter unha familia, da igual o tipo que sexa.


 



 

martes, 19 de noviembre de 2024

XOGOS POPULARES

  Semana de xogos populares e tradicionais prestados polo concello do Grove. Detrás desta gran colección está Cándido Mascato, autor da boa parte dos 130 xogos que forman a extensa e completa colección do concello meco.

Mestras/es, nenas/os, persoal do centro... todos aproveitamos e gozamos dos xogos volvendo ás nosas raíces e sen esquecer que todas e todos temos dereito a XOGAR!
Ademais, fixemos as xornadas de xeito internivel, polo que todas e todos gozaron cos seus compañeiros/as!


viernes, 15 de noviembre de 2024

CROS MONTALVO 2024

 O pasado mércores, 13 de novembro tivo lugar a carreira de Cros en Montalvo. Foi unha xornada moi emocionante, levamos moitos premios e gozamos moito animando ás compañeiras e aos compañeiros. Sen dúbida, foi o mellor!

Por aquí vos deixo un pequeniño resumo, xa que foi un non parar!

viernes, 8 de noviembre de 2024

Magosto 2024

 Ola familias, 

O 5 de novembro celebramos o noso tradicional Magosto acompañados e acompañadas, unha vez máis, do castañeiro Tin. Por aquí vos deixamos un pequeno vídeo resumo da nosa xornada.


 

Logo da degustación, aproveitamos para xogar aos xogos de sempre. A choiva quixo acompañarnos, polo que a actividade tivo que realizarse no pavillón. Aínda así todas/os o pasaron de marabilla!

 

lunes, 4 de noviembre de 2024

Xogos e deportes populares

 Hoxe o alumnado de 5º de primaria acudiu ao Campo da Billarda de Nantes a gozar dunha xornada de xogos e deportes populares e tradicionais.


 

 



miércoles, 30 de octubre de 2024

martes, 22 de octubre de 2024

Novo recuncho de estimulación multisensorial

No centro habilitamos un recuncho de estimulación multisensorial pensado para favorecer o desenvolvemento da psicomotricidade global e fina do alumnado.

Neste espazo, as crianzas poden explorar diferentes materiais, texturas, cores e sons, que lles permiten traballar a coordinación, a percepción sensorial e a motricidade dunha forma lúdica e significativa.

Un recurso pensado para atender ás necesidades de cada neno e nena, potenciando o seu desenvolvemento a través do xogo, o movemento e a estimulación consciente.

 




lunes, 21 de octubre de 2024

Coñece o meu club: achegándonos ao balonmán local

 Dentro do programa Coñece o meu club, recibimos no centro a visita do adestrador de balonmán de O Rasoeiro, que compartiu unha xornada deportiva co alumnado de 5º e 6º de Primaria.

A través de xogos, exercicios e explicacións prácticas, puideron coñecer de preto este deporte, ao tempo que se promoveu o deporte local e a importancia de participar en actividades deportivas fóra do horario escolar.

Foi unha mañá moi activa e divertida, na que o alumnado se achegou ao balonmán dun xeito motivador e próximo. Grazas a Pablo por vir ao cole e compartir a súa paixón polo deporte!



 

jueves, 10 de octubre de 2024

10 outubro- Volvemos a implementar o método HERVAT

 Ola familias, ao igual que o pasado ano, volvemos poñer en marcha o método HERVAT.  

Debido a que o 10 de outubro conmemórase o Día da saúde mental, escollemos este día como concienciación da importancia do noso benestar físico pero tamén mental, vovendo a poñer en marcha o método HERVAT.


Que é eso? Pois consiste en realizar seis exercicios: hidratación, equilibrio, respiración, visión, audición e tacto para mellorar as habilidades cognitivas. Fanse de forma rutinaria e sistemática antes de comezar unha nova actividade, e permiten ás nenas e nenos relaxarse e activar o corpo e o cerebro, antes dun novo aprendizaxe.

 

lunes, 23 de septiembre de 2024

BENVIDAS E BENVIDOS AO CURSO 2024-25

 Benvidas e benvidos a este novo curso 2024-2025. Este ano comezamos cun xogo de pistas e adiviñas para coñecer o noso novo proxecto: OLLARTE.

Que vos pareceu o noso inicio?




A continuación, nas seguintes publicacións, poderedes ir vendo todas as actividades que levemos a cabo este novo ano académico. Esperamos que vos gusten!
Apertas.

lunes, 1 de julio de 2024

Formulario "Conmeniño Saudable", compartimos opinións

 Ola familias, por aquí vos deixamos un formulario sobre as actividades levadas a cabo durante este curso 23-24, en relación con Conmeniño Saudable. Axúdanos a mellorar.

Gracias de antemán.

Enlace: https://forms.gle/4XP7chyXpZh68rir6



domingo, 30 de junio de 2024

Revista escolar

Xa tedes a vosa disposición a II Edición da Voz de Conmeniño. Por aquí vos deixo algunhas das actividades recollidas en Conmeniño Saudabe, ou o código QR para vela ao completo.





 

Recomendacións para o verán

 Chega o verán, e desde Conmeniño Saudable queremos ofrecer unhas recomendacións para o día a día, coidate, xoga, fai exercicio físico e bebe moita auga!



XOGOS OLÍMPICOS EN FAMILIA

 Ola familias, déixovos por aquí un resumo da nosa Cerimonia de Clausura dos Xogos Olímpicos, cuns xogos en familia, merendas e a animación do noso DJ.

Moitas grazas a todas e todos pola vosa participación, un ano máis, e estar á altura ao longo do curso, sen vós non sería posible!

Feliz verán e ata pronto 💖

Presentación da xornada:






Fotos da entrega de medallas: 







Os xogos:


As merendas:





E por último, a festa co DJ:


Último día de curso pasado por auga… e diversión!

  Despedimos o curso como máis nos gusta: xogando, rindo e compartindo momentos inesquecibles. Celebramos o último día cunha xornada chea de...