miércoles, 28 de junio de 2023

Os de 1º curso, organizaron unha festa...

 ...con moita froita, froitos secos, bocadillos... e moitos amigos/as. Ademais, foron os encargados de repartir eles e elas mesmas as invitacións!





Retos de froita de tempada

RETOS MENSUIAS DE FROITA DE TEMPADA 



Excursión de fin de curso 5º e 6º

O alumnado de 5º e 6º realizou a súa excursión de fin de curso ao camping Paisaxe II, no Grove, onde puideron gozar de actividades ao aire libre grazas ao entorno que nos rodea. Foi unha xornada de ocio con multitude de actividades lúdico-educativas, fomentando así actitudes respetuosas co medio ambiente e favorecendo a práctica de actividade física ao aire libre.



 

Patios dinámicos

 Sen dúbida, unha das mellores iniciativas que se levou a cabo foron os patios dinámicos





Semana sen fume sobre rodas

 Para conmemorar o Día Mundial do Medio Ambiente (5 de xuño) realizamos a Semana sen fume sobre rodas. Esta iniciativa consistía en que o alumnado podía vir en bici á escola e no patio, poder participar no circuíto de educación vial. Sen dúbida, foi unha experiencia que repetiremos! 

Grazas familias pola vosa colaboración e por poder facelo posible.













Refuxio de Cambados

 Como sabedes, en relación co noso proxecto, o alumnado de EI traballou co Refuxio de Cambados. Cada un/unha escolleu un can ou un gato e elaboraron carteis para colocar polo concello do Grove.

Logo, Olga, a responsable do Refuxio veu visitarnos e trouxo consigo a uns axudantes moi especiais que levaron consigo unha recollida de alimentos e produtos grazas ás donacións das familias do cole, que unha vez máis, queremos darlles as gracias pola súa colaboración.

Ela falounos da importancia de coidar a un animal e sacalo a pasear, promovendo ir pasear aos cans do Refuxio.



















Charla sobre hábitos saudables: un paso cara o benestar

  O pasado venres viñeron compartir connosco valiosos coñecementos sobre a importancia dos hábitos saudables. Durante a charla, os estudante...