miércoles, 28 de junio de 2023

Refuxio de Cambados

 Como sabedes, en relación co noso proxecto, o alumnado de EI traballou co Refuxio de Cambados. Cada un/unha escolleu un can ou un gato e elaboraron carteis para colocar polo concello do Grove.

Logo, Olga, a responsable do Refuxio veu visitarnos e trouxo consigo a uns axudantes moi especiais que levaron consigo unha recollida de alimentos e produtos grazas ás donacións das familias do cole, que unha vez máis, queremos darlles as gracias pola súa colaboración.

Ela falounos da importancia de coidar a un animal e sacalo a pasear, promovendo ir pasear aos cans do Refuxio.



















Ensalada con produtos do noso horto

 O alumnado de 1º curso preparou para a merenda unha ensalada riquísima con produtos do noso horto e algún que outro complemento. Agora terán que escribir a receita para deixárnola ao resto de cursos!











Búsqueda do tesouro

 O alumnado de 6º de Educación Infantil realizou unha búsqueda do tesouro na Biblioteca. O obxectivo era ir atopando as diferentes pegatinas ao mesmo tempo que coñecían o lugar onde se colocan os libros e xogaban a través do movemento.

Aquí vos deixo o vídeo para que vexades o ben que o pasaron!

Bicos de Gusibot.

 

Andaina ao porto do Grove

 O pasado mércores 14 de xuño fixemos unha viaxe en barco pola ría, onde puidemos descubrir un dos grandes tesouros que temos, que en boa parte define a nosa vila de O Grove, que é  gastronomía.

Dende o porto embarcamos e fixemos varias paradas para ver as bateas de cerca e onde nos explicaban o seu funcionamento co mexillón e a importancia que ten para esta aldea mariñeira. Ademais puidemos observar a través dos cristais a visión submarina, o fondo do mar e os peixes que habitan debaixo dos criadeiros.

Tampouco faltou a música e baile para o desfrute dos rapaces; cantaron, saltaron e ata comeron mexillóns para o deleite do seu padal. Estaban boísimos!


















Dende o cole agradecemos ao "Barco de Pepiño", no que gozamos dunha travesía fantástica, cun ambiente moi divertido e unha atención marabillosa. 

Nesta ligazón poderedes reservar e vivir unha experiencia tan boa como a que tivemos nós.





Andaina ao paraíso culinario

 O venres 16 de xuño fixemos unha ruta onde o prestixioso restaurante “Culler de Pau”. As súas propostas buscan espertar os sentidos e conectalos coas emocións, a través de produtos especialmente ecolóxicos e producidos por eles mesmos.

O entorno e a natureza é o camiño gastronómico que os identifica como un lugar único para que o prato sexa especial.







E ata tivemos a oportunidade de plantar...





Queremos agradecer a atención que recibimos. Foi un verdadeiro privilexio ver dende tan cerca o funcionamento do horta, antes de que os alimentos chegen á mesa.

O coidado e o entorno é fundamental.

Grazas, pasámolo xenial!

Saída á praia

O alumnado  de 1º, 2º, 3º e 4º tivemos unha saída moi proveitosa á praia. En primeiro lugar fixemos unha parada na lagoa Bodeira, que tal e como nos contou a profe Sonia... é a única das Rías Baixas e atópase aquí, no municipio do Grove, sabíadelo? Tamén puidemos ver e escoitar a fauna e a flora... que tranquilidade!

Logo, na praia, xunto cos membros da asociación AMICOS fixemos unha recollida de lixo mariño de máis de 15 KG!

Aquí vos deixo un pequeno resumo da mañá, incluíndo deliciosas merendas saudables.


Torneos de fútbol feminino

 Agora que todos e todas xa estades de vacacións, vouvos a ir deixando un conxunto de actividades que fixemos ao longo do curso e que favoreceron á práctica de actividade física e a mellora da saúde.

Realizáronse torneos de fútbol feminino nos patios, poñendo en valor ás futbolistas do noso país.


Tiveron gran repercusión entre todo o alumnado







Último día de curso pasado por auga… e diversión!

  Despedimos o curso como máis nos gusta: xogando, rindo e compartindo momentos inesquecibles. Celebramos o último día cunha xornada chea de...