domingo, 21 de abril de 2024

SAAAABOR

 O pasado mes, en colaboración co Concello, o alumnado de 3º e 6º acudiu ao auditorio do Grove para gozar da obra "Saaabor", un espectáculo cómico que mestura música, maxia, humor, ritmo e colaboración co público (como podedes ver a Daniel do 3º curso, subido ao escenario, nunha das fotos). 

A obra trata sobre un sabroso menú e será retransmitido pola TVG nos vindeiros meses.






Premios saudables segundo trimestre

  Merendas saudables no recreo para todo o grupo como premio por gañar a Autoestrada de Conmeniño ao longo do trimestre. Neste segundo trimestre os gañadores foron: en primeiro lugar o alumnado de 4º e 5º (que participan de forma conxunta), en segundo lugar o alumnado de 5 anos e en terceiro lugar, o alumnado de 3º curso! 

En hora boa rapaces! 












Visita de Marcelino Cacabelos

  Marcelino Cacabelos foi Subcampeón de España de piragüismo, formou parte do equipo nacional e ata o día de hoxe sigue competindo despois de 45 anos en categoría de veteranos. Ensinounos os tipos de palas que usou ao longo da súa vida e as medallas gañadas. 




6 de abril- Día Internacional do deporte

 O pasado 6 de abril foi o Día Internacional do deporte para o desenvolvemento e a paz e tivemos a sorte de ter con nós a Alfredo Bea, un referente do deporte no noso entorno.







No seguinte código QR podedes ver a noticia na prensa.
https://www.farodevigo.es/arousa/2024/04/11/olimpico-fredi-bea-lanza-mensaje-100947017.html

Almorzos saudables

  Para conmemorar o Día Mundial da Saúde e en colaboración co Centro de Hostalaría do Grove tivemos a sorte de poder asistir a un obradoiro de almorzos saudables. Este ano tocoulle ao alumnado de Educación Infantil. 

Así de contentos saímos no autobús





Logo, degustamos un riquísimo almorzo, con froitas, tortitas, zume...




Tamén nos ensinaron a colocar as servilletas e mesmo a facer un gorriño con elas




E finalmente, xogamos no parque antes de volver ao cole, unha mañá súper saudable!

Aquí vos deixamos unha foto conxunta do noso día, pasámolo xenial!

jueves, 4 de abril de 2024

Himno das Olimpiadas de Conmeniño

Aquí vos deixo o himno de Conmeniño Olímpico, gravado polo alumnado de 6º curso para que o resto de alumnas e alumnos do centro puidese practicar nas súas aulas.

As nosas emocións- Raquel Pedrouso

 E continuando coas emocións, tamén tivemos a sorte de ter con nós a Raquel Pedrouso, para falar cos nenos e as nenas sobre a saúde e a importancia de benestar emocional. 

Raquel foi moi empática cos nosos nen@s e deunos moitos consellos para seguir traballando en materia de saúde mental e benestar emocional. 

Grazas Raquel!!








SAAAABOR

  O pasado mes, en colaboración co Concello, o alumnado de 3º e 6º acudiu ao auditorio do Grove para gozar da obra "Saaabor", un e...